Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lidia India e Latexo

O espectáculo Nas Rúas de Lidia India e Latexo é o primeiro concerto da unión dos dous proxectos: Lidia India e Latexo Percusión. Da unión destes dous proxectos xurdiu unha mestura única, que eclosiona nesta nova proposta musical de World Music.

A súa orixinalidade radica no seu carácter único, xa que conta con letras de composición propia e unha mestura de estilos e músicas de raíz moi persoal, na que podemos atopar toques de reggae, maracatú, samba, ritmos afrocubanos e tradicional galego, entre outros.

Galego

Contos de mamá ganso

Concerto didáctico en versión piano para solista: Contos de mamá ganso: cinco pezas infantís.

As pezas estan baseadas nos seguintes contos de Perrault:

  • Pavana de la bella durmiente
  • Pulgarcito
  • La emperatriz de las pagodas
  • Convcersación de la bella y la bestia
  • El jardín encantado

Ao mesmo tempo a intérprete irá comentando os contos subliñando o feito de que en varias das súas partituras, Ravel incluíu notas que indicaban claramente o que pretendía evocar.

 

 

Galego

A trompa non só é cousa de elefantes

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el. Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.

Galego

Miguel Araújo

O músico portugués Miguel Araújo chega a Compostela dentro do ciclo Fiestra Aberta cunha proposta íntima concibida para teatros e salas de pequeno formato. Só con voz e piano acústico, o artista percorrerá o seu repertorio combinando as cancións coas historias, inspiracións e anécdotas que hai detrás delas.

Galego

The Sadies + Howlin’ Jaws + Terra Lightfoot

O Outono Códax Festival despídese da súa XVI edición cunha noite protagonizada por tres grandes nomes do rock de raíces.
Os canadenses The Sadies, referentes internacionais desde 1994, chegan coa súa inconfundible mestura de garage, psicodelia, rockabilly, surf e bluegrass. Cun directo recoñecido pola súa intensidade e calidade musical, a banda continúa defendendo o seu legado tras a perda do seu fundador Dallas Good.

Galego

Legends Tour

A Big Band de Galicia. Gran Calidade musical cun son impactante e explosivo!! Dirixida por Cristian Leggiero, está integrada por 17 artistas presentando o espectáculo LEGENDS TOUR, no que lembran a artistas lendarios que marcaron unha época nos seus estilos musicais que abarcan desde o swing, salsa, soul-rock e disco-soul cun repertorio que vai desde os sons latinos do chachachá, a salsa, os boleros ou o mambo ata o swing máis bailable da época de Frank Sinatra ou Luis Prima ata chegar a Michael Bublé  e o soul-rock e disco-soul de Tina Turner, Donna Summer ou Aretha Franklin.

Galego

Consertasso na horta

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable!

A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap.

Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae.

Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!-  e os kiwis non paran de brotar bailando ska.

Galego

Lia Kali

Lia Kali chega a Santiago cunha proposta que nace da emoción, a honestidade e a fusión de estilos que define a súa traxectoria.
O seu primeiro disco, Contra Todo Pronóstico (2023), naceu como unha catarse persoal para transformar experiencias, feridas e medos en música. Un traballo co que conseguiu conectar profundamente co público e converter as súas cancións nun espazo compartido.

Galego

Meu santo

Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico de Momboi. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. En total, 12 cancións que a banda compartiu xa nos seus directos, que gravaron no estudo de MaySound Producións con Ángel Morandeira e masterizaron con Cem Oral en Berlín. “As letras e a música deste disco buscan conectar co medio natural e co noso lado máis humano”.

Galego

Del jazzmín al jazz

Proxecto no que pretende homenaxear ás mulleres que nos anos 40 irromperon no mundo do Jazz no que ata o momento tiñan un papel irrelevante, sendo os solistas masculinos os auténticos protagonistas (a muller adoitaba perfumarse con xasmín para entrar nas salas da época). A chegada de Ella Fitgerald, Billie Holiday, Sarah Vaughan e Dinah Washington, aínda vindo da sociedade máis marxinal cambiou o mundo da muller e do Jazz para sempre.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto