Andhrea and the Black Cats
Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo, acompañados na actualidade por Aitor García na percusión.

