Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cimarrón

Despois de anos con traxectorias musicais paralelas, Benxamín Vázquez e Juan Carlos San Martín únense para formar CIMARRRÓN.
Cunha clara admiración pola música norteamericana e o country, das que ambos se nutriron dende pequenos, desenvolven agora un proxecto no que reinterpretan algunas das cancións dos artistas polos que sentían unha gran devoción como John Prine, John Fogerty, Johnny Cash ou Tom Waits, entre outros.

Galego

The Homens

Volven The Homens! Nesta nova etapa, o trío referente do power pop en galego combinarán en directo as cancións das súas catro referencias discográficas - #1, #2, Tres e Cuarta potencia - con temas novos nos que a banda recupera a urxencia guitarreira das orixes. Enerxía e melodía, rabia e luminosidade! Un concerto único neste ano do regreso aos escenarios.

Galego

Pili Pampín

Un espectáculo musical en galego protagonizado por Pili Pampín, cun escenario propio que garante unha presentación profesional e visualmente coidada. A proposta combina música galega contemporánea, proximidade co público e unha mensaxe clara de dinamización lingüística.

Galego

Broken Peach

Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos e a verdade, podería dicirse que son un pouco de todo. Crean unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarse das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano.

Unha das súas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúa ao espectador en diferentes épocas e ambientes.

Galego

Pitusa Semifusa

Vén coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.

Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a avoa e o irmán de Pitusa irán explicándolles ás cativas e aos cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.

Na banda de Pitusa a voz é Andrea Picos, Sérgio Tannus toca a guitarra e Olga Brañas o piano.

Galego

Chuches Amil 

Chuches Amil presenta un espectáculo no que cada canción é un soño e cada soño é unha canción, do dereito ou do revés. Todos os membros da familia están convidados a disfrutar de diferentes xeitos de abordar o mundo dos soños e dos contos nun percorrido pola música máis actual feita en Galicia para gozar en familia.

Un setlist cheo de éxitos dos álbums Un conto ao revés (2015) e Monstros, con ou sen consentimento (2018), de Chuches Amil.

 

Galego

Os Piñeiros

Os Piñeiros é o nome artístico dos xemelgos Iván e Diego que desde nenos xogaban á música xuntos. O grupo ten influencias de REM, Europe, Bob Dylan, Creedence, Michael Jackson, Lennon, Bob Marley ou Fito.

Diego Piñeiro: voz, guitarra acústica e guitarra eléctrica.

Iván Piñeiro: voz, guitarra acústica e harmónica.

Galego

Black

BLACK é un proxecto musical coruñés que leva 10 anos percorrendo diferentes espazos de toda a comunidade autónoma, achegando as súas reinterpretacións de grandes éxitos da música negra. No seu formato a dúo, son creadores de espectáculos como Paseo pola música negra, Soul e literatura, En familia ou Voces de muller.

En 2015 lanzaron o seu formato máis potente: a banda grande, formada por nove recoñecidos músicos da escena galega —Richi Rozas, Jorge Quesada, Anxo Seco, Pablo Moreno, Fany Castro, Ana Rivas, Wilson Ortega, Fausto Escrigas e Iria Mejuto—.

Galego

Balteira

O cuarteto Balteira nace a finais do 2025 en Betanzos da man de Cris Sánchez e Noa Migal (voces e percusións), Álex Fente (acordeón) e Pablo Pacior (ventos). A súa proposta céntrase na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos pero respectando a estrutura e a emoción das pezas tradicionais.

Galego

Versions Band

Versions Band é unha formación de músicos profesionais dedicada a reinterpretar os grandes éxitos do pop, o rock e o indie en español, desde os anos 80 ata a actualidade. O seu espectáculo propón un percorrido sonoro polas cancións que marcaron xeracións, cunha posta en escena potente, dinámica e adaptable a distintos tipos de espazos e audiencias.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto