Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concerto

Castro y Los Escoltas, é o proxecto persoal do guitarrista Miguel Castro. Nace no sur de Pontevedra durante o confinamento, coa idea de facer rock nun sentido amplo. Abrangue estilos desde rock clásico ata soul ou sons máis densos.

Os seus compoñentes son veteranos no panorama galego. Foron ou forman parte de proxectos como The pretty shirts, Gold&Colt ou Pegas Negras.

Tralo seu primerio traballo formado por 6 temas  “De nuevo a empezar” e editado no 2023 por Xonix Records, actualmente están presentando o seu novo álbum “Sinais”.

Galego

O mellor e o peor dos 80 e 90

Baixo o lema "O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto" Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Galego

Conto-concerto

Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar coa música, as nenas e nenos o acompañan nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Galego

Xira 25 aniversario

Concerto en lingua galega. No que fai un repaso de 25 anos de carreira desde a saída do seu primero disco.

Espectáculo fresco e intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade no que Emilio Rúa toca guitarra, piano, pandeiro e armónica.

Emilio Rúa conta con dous premios nacionais de cantautores, o de Cantigas de mayo ( Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx ( 2006 ), cantando sempre en galego.

Galego

Danzamos no verán!!!

Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío.

O show é un formato a trío que nace do disco-libro Estamos no verán!!! editado por Galaxia que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro que se caracteriza por facilitar a participación constante do público e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.

Galego

O rianxeiro

O concerto de Verónica Santalices O rianxeiro é unha proposta musical en que, a través de temas tan coñecidos como Lela ou A Rianxeira en versións adaptadas para o público xuvenil, nos achegamos á biografía de Castelao.

No Ano Castelao 2025, a RDL participa na extensión da memoria e legado de quen é un dos fundadores da Galicia contemporánea.

Galego

Kadec Santa Anna

Kadec Santa Anna presenta a súa xira Eternal Tour 25/26. Tras anunciar a súa retirada dos escenarios, Kadec quere despedirse de todos os seus fans cun concerto no que repasará os seus grandes éxitos e ofrecerá moitas sorpresas.

Galego

Treides conmigo alén

Un concerto a trío a partir de cantigas actualizadas de diferentes trobadores da lírica medieval galego-portuguesa (séculos XII aXIV) e dos Camiños de Santiago. 

Unha lectura contemporánea das obras medievais fundamentais do noso patrimonio que resulta en sons medievais cun novo rostro.

O público descubrirá curiosidades sobre os autores da época, as diferentes formas das cantigas e a súa memoria inmaterial (lendas e historias que lles dan corpo).

Algúns dos escenarios (2021 e 2022):

Galego

Concerto

A banda das apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal, Suso Lorenzo e Jerry Noia teñen un longo recorrido acompañando a "A nena e o grilo" nas súas propostas escénicas, e chegou o momento de voar sos; nesta nova produción as músicas do creador Magín Blanco convivirán con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporánea, e que permitirán disfrutar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo gozando con esta banda das Apertas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto