Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros
Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Un traballo de celebración do 30 aniversario da formación cun repertorio dedicado integramente ao gran Poeta da Terra. Deste encontro prodixioso entre a música e a palabra xorde UNHA GORXA CHEA DE PAXAROS, un traballo inzado de versos, cos que celebrar a longa vida dunha das bandas fundamentais da música tradicional galega.

