Diamond Dogs
A Diamond Dogs volverá aos escenarios o próximo mes de setembro cunha xira que percorrerá distintas cidades e que incluirá Santiago de Compostela. A banda atópase no estudo finalizando un novo disco, Similar Shakes, Different Distortion, toda unha declaración de intencións que chega tras a súa homenaxe ao inmortal Little Richard xunto á lenda da guitarra Chris Spedding, presentada en exclusiva en Azkena Rock Festival. Ese repertorio volverá soar nesta xira, xunto cos seus clásicos e as súas novas composicións.

