Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Soul&Roll 

Soul&Roll propón un espectáculo musical acústico innovador que marca a diferenza co seu repertorio do máis completo e variado cuns arranxos músicales-vocais adaptados e traballados minuciosamente, unha voz, coros vocais, guitarras acústicas, baixo, ukelele, percusión menor, bombo e un 'Loop Station' que permite tocar todos estes instrumentos e facelos soar á vez creando os bucles musicais máis espectaculares e sorprendentes que, peza a peza, constrúen os grandes éxitos que todo o mundo desexa escoitar en vivo e rigoroso directo.

Galego

Cé Orquestra Pantasma

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si coma A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu. 

Galego

As Historias de Bemol Pequeno

No marco do Festival Atlántica Miúda acollemos o espectáculo musical “As historias de Bemol Pequeno“ da man de Música Miúda.

Na vila de Bemol Pequeno a música nunca para! Ou si?

Ven resolver o misterio da música desaparecida da man da Meiga Xela, canta co dinosaurio Pepón e baila ao ritmo da Banda do Carballo!

Para público infantil e familiar a partir de 3 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Lingua Urbana

O festival Lingua Urbana celebrará a súa terceira edición o venres 28 de agosto na Cidade da Cultura de Galicia. O evento consolidouse como unha das principais citas da música urbana en Galicia, cunha programación que reúne algúns dos nomes máis destacados do panorama estatal e internacional.
Nesta edición, o cartel inclúe artistas como Yung Beef, Dirty Suc, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral, Valesk8 e o compostelán Arce, ao que se suma a presenza do artista canario Abhir, que ofrecerá en Santiago o seu único concerto en Galicia este ano.

Galego

Cambia o conto

Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrastra malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco!

Concerto-contacontos no que se traballan os estereotipos de xénero a partir de contos tradicionais, adaptándoos e creando novos relatos cunha perspectiva non sexista. Descubriremos as verdadeiras historias da Carapuchiña e da pequena Serea, onde elas son as protagonistas que deciden o seu destino, con novos personaxes como o Pirata Efrén e a Avoa Lola. 

Galego

C@nto contigo

C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos Brinca Vai!, Radio Bulebule e Extra! sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Galego

Baixo os remendos, nós

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Galego

Depedro

Depedro, proxecto musical liderado por Jairo Zavala, chega a Santiago coa presentación do seu novo disco Furia y Calma. O artista madrileño, recoñecido pola súa mestura de folk, rock e músicas de raíz de diferentes partes do mundo, construíu ao longo da súa carreira unha identidade sonora moi persoal marcada polas viaxes e as colaboracións internacionais. Tras o éxito de Un Lugar Perfecto, premiado como Mellor Álbum Pop/Rock nos Premios da Academia da Música de España 2025, regresa aos escenarios cun novo directo cheo de emoción e proximidade

Galego

As aventuras de Jazzy e Blusy

Espectáculo infantil en galego con música en directo de piano e acordeón. 

O gato Jazzy e o can Blusy, contarán dunha maneira divertida as orixes do Jazz e do blues. Contando sempre coa interacción d@s nen@s, queremos introducilos nestes estilos musicais e facer ao final unha gran orquestra de jazz con eles 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto