Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Baixo os remendos, nós

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Galego

Depedro

Depedro, proxecto musical liderado por Jairo Zavala, chega a Santiago coa presentación do seu novo disco Furia y Calma. O artista madrileño, recoñecido pola súa mestura de folk, rock e músicas de raíz de diferentes partes do mundo, construíu ao longo da súa carreira unha identidade sonora moi persoal marcada polas viaxes e as colaboracións internacionais. Tras o éxito de Un Lugar Perfecto, premiado como Mellor Álbum Pop/Rock nos Premios da Academia da Música de España 2025, regresa aos escenarios cun novo directo cheo de emoción e proximidade

Galego

As aventuras de Jazzy e Blusy

Espectáculo infantil en galego con música en directo de piano e acordeón. 

O gato Jazzy e o can Blusy, contarán dunha maneira divertida as orixes do Jazz e do blues. Contando sempre coa interacción d@s nen@s, queremos introducilos nestes estilos musicais e facer ao final unha gran orquestra de jazz con eles 

Galego

A Organeta

A Organeta é un divertido e bonito órgano de Barbaria dos anos 60 que toca música de todo o mundo: swing, forró, rock, folk... con percusión autómata e
motorizado, restaurado por Pulpiño Viascón. Un carriño musical con máquina de pompas e luces led cheo de instrumentos máxicos, serrucho musical, trikitixa, etc. Por onde pasa leva a ledicia e fai sorrir ao público presente, nunha experiencia inesquecíbel.

Galego

A banda no rock

A Banda no Rock é un concerto didáctico onde se conta a famosa historia de PINCHO e PÚA. Pertencer a un colectivo que comparte as túas paixóns é unha gran rede de apoio. PINCHO, non está a pasar por un bo momento, mais grazas ás amigas, ao grupo e á música, vai superar todas as adversidades ou polo menos levalas mellor. 

Galego

Ronnie Romero & Gus G

A Sala Capitol será unha das tres únicas paradas en España de Convergence Fest 2026, a esperada xira que reunirá sobre o escenario ao vocalista Ronnie Romero e ao guitarrista Gus G, dous referentes internacionais do rock e o heavy metal.
O concerto ofrecerá unha potente combinación de virtuosismo guitarrero e forza vocal nun directo pensado para os amantes do hard rock e do metal, nunha cita exclusiva que converterá Santiago nun dos puntos clave da xira.
 

Galego

Iñigo Quintero

Íñigo Quintero chega a Santiago de Compostela no marco da súa nova xira para presentar o seu primeiro álbum, El Sitio de Siempre, tras percorrer cidades como París, Berlín ou Cidade de México.
O artista ofrecerá un concerto en directo no que presentará os temas do seu novo traballo nunha das salas de referencia do circuíto musical. Unha cita imprescindible para descubrir a súa nova etapa artística en vivo.
 

Galego

Funzo

Funzo chega por primeira vez en solitario a Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2026 na Sala Capitol, onde presentará o seu novo álbum TDAH.
Un dos referentes da escena urbana española ofrecerá un directo no que repasará os seus temas máis emblemáticos e presentará as cancións do seu traballo máis persoal. Unha cita que promete intensidade e unha experiencia musical única.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto