Banda Municipal de Música de Santiago-Gozando cos ventos
A Praza das Praterías acolle “Gozando cos ventos”, un concerto da Banda Municipal de Santiago de Compostela dentro da temporada 2025/26 “Escoita, sinte e desfruta”.
Baixo a dirección de Casiano Mouriño, subdirector da formación, o programa reúne obras vinculadas á tradición da música para banda, a zarzuela e os sons populares, nun percorrido musical pensado para desfrutar ao aire libre no corazón histórico de Compostela.

