Concerto de Uxía
Uxía ten unha voz fermosa e serea que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosar unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.
Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da lingua galega. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.

