Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Juraj Dufek e Miroslava Dufeková

Juraj Dufek é un gaiteiro e construtor de gaitas de Eslovaquia. Compoñente de grupos folk eslovacos Keltieg, Safran, Banda, Folk and Bass Orchestra, tamén traballa co grupo nacional de baile e música tradicional (SLUK). Fundador da primeira banda de gaitas eslovacas, Spojené huky Slovenska (Roncónes Unidos de Eslovaquia). Neste concerto presentarán xunto coa súa esposa Miroslava unhas pequenas mostras da riqueza de música tradicional do seu país, do corazón de Europa. Música instrumental con varios tipos de gaitas, frautas e violín, cantos rituais e bailes populares. 

Galego

Concerto de Juraj Dufek e Miroslava Dufeková

Juraj Dufek é un gaiteiro e construtor de gaitas de Eslovaquia. Compoñente de grupos folk eslovacos Keltieg, Safran, Banda, Folk and Bass Orchestra, tamén traballa co grupo nacional de baile e música tradicional (SLUK). Fundador da primeira banda de gaitas eslovacas, Spojené huky Slovenska (Roncónes Unidos de Eslovaquia). Neste concerto presentarán xunto coa súa esposa Miroslava unhas pequenas mostras da riqueza de música tradicional do seu país, do corazón de Europa. Música instrumental con varios tipos de gaitas, frautas e violín, cantos rituais e bailes populares. 

Galego

Concerto de Sleeping Cat

Sleeping cat nace oficialmente o 1 de Maio de 2010 en Noia.
É un proxecto que leva forxando na cabeza de Jerry Noia moito tempo, cun son de claro corte Folk americano pero no que hai claras referencias británicas polo que se podería dicir que a súa música bebe de fontes a ambolos dous lados do gran charco. Grupos como The Beatles, The birds, Simon & Gartfunkel ou os mesmísimos Fleetwood Mac como referentes máis destacables.

Galego

Concerto de Mini e Mero

Mini e Mero son cantores do país, que gustan da nosa Cultura e da nosa Tradición, dos nosos escritores e poetas, fan da nosa lingua unha musicalidade fermosa, están aquí para servir e non para servirse. Contribúen á recuperación do patrimonio cultural do noso país, ao seu mantenemento, exercen e son grandes activistas culturais, defenden a lingua, a memoria histórica...

Galego

Concerto de Flavia Coelho

Nada en Río de Janeiro, en 2006 trasladouse a Francia, onde ademais de gañar un concurso musical coñeceu ao músico camerunés Pierre Bika Bika, quen a introduciu nos ritmos africanos e axudoulle a compoñer o seu primeiro disco, "Bossa Muffin", que saíu ao mercado en 2011. A mestizaxe de ritmos e estilos que mostra o seu traballo foi recoñecido con galardóns como o Génération Réservoir Newcomer ou o Golden Women Music Breakthrough.

Galego

Concerto de Batital

Batital é un grupo que nace en 2007 da ilusión de varios afeccionados á música con experiencia en distintas agrupacións. A banda interpreta músicas do mundo, conservando as raíces da música tradicional galega que se fusiona cos máis variados estilos musicais. Varios foron os recoñecementos obtidos por Batital, entre os que destacan o Primeiro Premio no Certame de músicas emerxentes "NOVOSON" de Radio Galega, e o Primeiro Premio no Concurso A Coruña Son 10 organizado polo Concello da Coruña.

Galego

Concerto de Riobó

Riobó é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.
Cada concerto convírtese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais.
No 2015 Riobó presenta o seu segundo traballo "Quiral".

Galego

Fado Minhoto e outras músicas

Maria do Ceo presenta as súas vivencias feitas cancións, o seu Fado Minhoto e outras música. Quere celebrar con este concerto os seus 20 anos na canción e os seus xa once discos editados.

María do Ceo é fado en estado puro, actualmente está considerada unha fadista tradicional, cando canta transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa intérprete de fado, porque realmente ela é: corpo de muller e alma de fado.
Unindo as súas múltiples influencias ao sentir portugués a á dozura natural do idioma galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk