Rosalía no son e na voz de Amancio Prada
Como chove muidiño, A xusticia pola man ou Campanas de Bastabales son algúns dos poemas que soarán no salón de actos da Real Academia Galega, a partir das 19.30 horas.
Baixo o título Rosalía no son e na voz de Amancio Prada, o acto é un agasallo do músico berciano no día do aniversario do nacemento de Rosalía (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885), figura clave do Rexurdimento.

