Ciclo Sons Aloumiños
Nadine Khouri presenta o seu disco debut “The Salted Air”. A artista libanesa afincada en Londres dará en Ferrol o seu primeiro concerto na península. “The Salted Air” é o primeiro traballo longo de Nadine Khouri, producido e gravado por John Parish (colaborador, produtor e músico habitual de Pj Harvey e que xa a invitou a poñer voz a algún dos temas do seu disco “Screenplay”), mostra a unha artista influenciada polo dream pop, polas bandas sonoras de Barry Adamson e polo spoken word.

