Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Tor

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Galego

Os Barrios

O grupo de gaitas Os Barrios é unha formación musical fundada en 1894 por José Argiz na parroquia de Muradelle, Chantada. É considerada a banda de gaitas máis antiga de Galicia en activo. Ao longo da súa historia mantiveron viva a tradición musical galega, participando en numerosas foliadas, romarías e eventos culturais. Grazas a súa extensa traxectoria, conta cun amplo repertorio propio.

Galego

Lulavai

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto feminino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único,  chamado Lulavai.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. 

Galego

Solsticio de inverno

Neste concerto, A Pedreira abre un novo capítulo creativo no que dialogan, con naturalidade e forza, as súas composicións máis recentes e o repertorio tradicional que a acompaña desde a infancia. Cantareira de raíz fonda e creadora de mirada contemporánea, Ugia convértese nesta proposta nun fío que une xeracións, territorios e linguaxes.

A Pedreira revisita a tradición desde o presente, iluminando as coplas antigas con novas narrativas e ampliando o seu universo musical, cunha voz poderosa, sensible e profundamente galega.

Galego

Xiro

Xiro é o territorio onde conversan as melodías tradicionais cantadas pola voz e percusións de Icía Kirk co saxo de Andrés Pérez e o acordeón de Xan Pampín. Un diálogo coa emoción e sabedoría que brota da linguaxe da música e do baile tradicional de Galicia, símbolo da nosa identidade como pobo. 

Galego

Cantares e contares!

A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular galega con Tres Pesos, un trío de música tradicional formado por Felisa Segade (voz e percusión), Xoan Porto (gaita, clarinete, voz e percusión) e Xosé Antón Ferreira, máis coñecido como Pepe de Calo (acordeón, voz e percusión). Tres músicos unidos tras unha rica traxectoria que agora xunta experiencia e afinidade para alimentar un proxecto en común.

Galego

Canta compañeira canta

Concerto de Felisa Segade e Merchi Rodríguez no marco da inauguración da mostra Cantade todas a unha. O cantigueiro popular galego, que poderá verse no Museo do Pobo Galego a partir do vindeiro 12 de decembro para pechar o ano dedicado ás pandeireteiras.

Galego

Milladoiro

No marco da xira conmemorativa do 45º aniversario de Milladoiro, fito na historia da música galega contemporánea desde a súa fundación en 1979 por canto representa para a proxección da lingua e da cultura galegas, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora, por medio da Secretaría Xeral da Lingua, con tres concertos especiais que ofrecerá a formación nos concellos de Catoira (Pontevedra), Muíños (Ourense) e Mos (Pontevedra).

Galego

Concerto

O grupo de gaitas Os Barrios é unha formación musical fundada en 1894 por José Argiz na parroquia de Muradelle, Chantada. É considerada a banda de gaitas máis antiga de Galicia en activo. Ao longo da súa historia mantiveron viva a tradición musical galega, participando en numerosas foliadas, romarías e eventos culturais. Grazas a súa extensa traxectoria, conta cun amplo repertorio propio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk