Concerto de Madialeva
“As Cantareiras Madialeva interpretarán no marco do Día das Letras Galegas 2025 unha escolma de cantigas populares e poemas musicados.
Este ano coma as súas devanceiras que promoveron a tradición oral, elas traen tamén do pasado á actualidade un legado que non debe morrer xamais. Farán deste encontro unha mestura de morriña, retranca, bo humor e sentimento para o desfrute de todas as persoas que queiran acompañarnos.”
Data e hora: sábado 10 de maio ás 12.00 horas
Público destinatario, xuvenil e adulto