Romaría da Banda Unión Musical Ponteledesma e fogueteiros da Ulla
Fogueteiros, iluminación de época e a actuación da Banda Unión Musical de Ponteledesma neste serán que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Fogueteiros, iluminación de época e a actuación da Banda Unión Musical de Ponteledesma neste serán que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece un concerto deste grupo revelación nacido no 2016 e que, na súa curta traxectoria, alcanzou xa premios tan relevantes como o do Festival de Ortigueira, Runas 2019.
Para este concerto, Dequenvessendo busca a inspiración na auga e na mitoloxía que está relacionada con ela; un dos elementos máis atraentes e á súa vez descoñecidos na antiga Europa atlántica.
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 presenta neste espectáculo un universo ultramoderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo.
A través dun corpo de música e baile tradicional espectacular, unha amplia selección audiovisual, e dunha escenografía humana que sorprende, Setestrelo presenta CAMIÑO.
Espectáculo para todos os o públicos e todos os palcos
Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.
PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.
O Fondo de Proxectos Xacobeo 2021 ofrece este concerto do gaiteiro galego no marco do Compostela TradFest.
Ás portas de facer 30 anos xuntas, Leilía afrontamos este aniversario coa presentación dun novo espectáculo que revise a nosa discografía, a nosa traxectoria musical fiando as nosas orixes coas aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos.
Retomaremos vellas músicas do noso repertorio coas que nos demos a coñecer e farémolas nosas de novo, vellas melodías con novo aire, coma nós, que sendo as mesmas temos un xeito diferente pasadas xa tres décadas.
María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) forman Caldo, un trío afincado no Valmiñor que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas europeas e atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.
CANDO: xoves 18 e 25 de xuño e xoves 2 e 9 de xullo de 2020
HORA: 20.30h
ONDE: praza do Castro do Museo do Mar de Galicia
ENTRADA DE BALDE
O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.