Concerto de 2nafronteira
Este concerto propón a recuperación do harmonio de igrexa como instrumento concertístico. Se hai un harmonio en estado como para ser empregado, o grupo habitualmente realiza polo menos 2 cancións co harmonio da igrexa. Ademáis, o harmonio portátil, ó lado da nickelharpa e a percusión, acompañando a voz. crean un concerto máxico e particular. Ó final do concerto os músicos adoitan a conversar co público que se queira achegar a coñecer estes instrumentos.