Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Arxe en concerto

Arxe utiliza a música de raíz combinada coa música de autor para crear o seu propio selo. Bebe da raíz da música tradicional coma unha árbore se nutre do seu redor para medrar e crear novas formas. Fai unha viaxe inspiradora polas músicas e ritmos galegos; xotas, rumbas, muiñeiras... mesturádoos con influencias doutros folclores e rítmos.

Galego

Andoa en concerto

Andoa  é unha banda de música folk atlántica, como son a irlandesa, escocesa, galega...

Os compoñentes de ANDO,; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita galega), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etc.

Galego

Concierto de Cordel

CORDEL é un proxecto dos cantautores Edu Mundo, poeta e natural contador de historias, e João Pires, compositor, guitarrista e xeógrafo dunha cartografía musical moi persoal. O seu primeiro disco lanzouse en maio 2019 e o próximo outono lanzarase o segundo en España e Portugal, co selo de Warner Music España.

Galego

Treixadura en concerto

Logo de trinta anos de traxectoria Treixadura continúa a reinventarse e seguir andando camiños musicais, sempre a carón da nosa tradición.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Durante ese tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Galego

Música no Camiño do Holandés – EuroVelo

O Camiño do Holandés e a EuroVelo, máis coñecida como Roteiro das Peregrinacións, trocarán o seu habitual ritmo de pedaladas por outro moito máis festeiro, o da música tradicional.

A Pinguela de Bama, As Nenas do Sapo Dourado, Os da Porfía e Tanto Nos Ten, farannos gozar a todos, tanto á veciñanza como aos visitantes, peregrinos todos desta gran noite do Camiño no Campo da Festa de Fonte Díaz.

Galego

Alejandro Vargas Consort e Rosa Cedrón

Concerto en formato de cuarteto sobre as músicas reinterpretadas do compositor José Castro “Chané” en clave de jazz cubano para presentar o disco que se lanzou este outono nun proxecto especial argallado pola Central Folque para conmemorar o centenario da morte do xenial músico.

Este concerto de Alejandro Vargas Trio coa cantante Rosa Cedrón fai un repaso dos 12 temas do disco de “Chané na Habana”, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia para sexteto de jazz e camerata clásica.

Galego

Xose Lois Romero & Aliboria

Despois de editar o seu primeiro disco en 2016 cunha proposta arriscada e rompedora de canto e percusión tradicionais, Xosé Lois Romero & Aliboria preséntannos agora o seu segundo disco no que deixan claro que viñeron para quedar e que a súa proposta non so non se limita a versionar repertorio tradicional senón que ven a situarse radicalmente na contemporaneidade máis absoluta, sen complexos nin limitacións previas.

Galego

Laroá

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo ábano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquedanza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

Galego

Fíos de ouro no ar

Rodrigo Romani é un músico coñecido para o público galego e español, primordialmente entre os amantes da música de raíz , polo seu traballo como fundador do grupo Milladoiro , co que percorreu o mundo durante vinte anos, promovendo o uso do arpa céltica na música galega e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila por todo o planeta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk