Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

BellónMaceiras

Chega o novo disco do dúo galego.

Neste traballo, que celebra o seu 10 aniversario como dúo, a fusión segue caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodéanse dun grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha singular mestura con músicos de Gales (o violinista Oliver Wilson-Dickson), Rusia (a organista María Moiseeva) e Galicia (o guitarrista Juan Cabe, o batería Miguel Lamas, o contrabaixista Juan Tinaquero, o trompetista Rafael Carracedo e a zanfonista María López).

Galego

Los Hermanos Cubero

A idea de mesturar o folklore manchego co bluegrass xenuinamente americano é algo que posiblemente só estaba na cabeza de Los Hermanos Cubero. O resultado é atractivo e sorprendente a partes iguais. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionaron con mestría as súas influencias e déronlles forma a través das súas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical.

Galego

O Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro.

A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. En moitos deles compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.

Galego

Diego Guerrero

Diego Guerrero é un cantante, compositor e produtor que se dedica a levar a súa representación do mundo por todo o país. A pesar de que o seu estilo englóbase dentro do flamenco, é capaz de capturar influencias de cada lugar do mundo e representalo nas súas cancións. Por iso, mestura diferentes xéneros dentro do flamenco, como o jazz, a rumba, o pop ou calquera estilo musical que imaxines.

Galego

Caxade

Caxade continúan coa xira do seu segundo traballo de estudio e terceiro da súa discografía, tendo en conta o DVD/CD gravado en directo coa Banda de Música da Bandeira. A canción E isto é o Amor é unha letra de Séchu Sende que Alonso Caxade musicou.

Galego

Mdou Moctar

Folk eléctrico, guitarras psicodélicas e autotune caracterizan a obra do guitarrista tuareg Mdou Moctar, un dos poucos compositores tuareg aberto a experimentar e traspasar os límites da tradición musical. As súas primeiras composicións foron virais en redes sociais e musicais e alcanzaron fama global tras ser incluídas nun disco antoloxía.

O concerto forma parte do ciclo Liberdades Sonoras. Entrada libre ata completar capacidade. 

Galego

Rosa Cedrón

Rosa Cedrón presentará o sábado en Oleiros o álbum Nada que perder, un traballo no que a cantante toma a dirección dunha evolución natural, experimentando para as súas melodías con novas sonoridades e texturas que poñen en relevo unha proposta arriscada e persoal.

Galego

O son dos antergos

A Agrupación Folklórica e Cultural Terra Meiga organiza o seu XVIII Festival de cantareiras: O son dos antergos. 

O festival nace con motivo das actividades do 25 aniversario do grupo no ano 1993, para mostrar unha das tradicións mais arraigadas do noso folclore. Nesta edición hai tres maneiras distintas de entender o mundo das cantareiras, con actuacións dos grupos Xoldreira, As Rinchonas, e Os Carecos, xunto ao grupo anfitrión Agrupación Folklórica e Cultura Terra Meiga.

 

Galego

Oscar Ibáñez & Tribo

En 1985, e durante a conmemoración do centenario do pasamento de Rosalía de Castro, Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, tocaba a Alborada de Rosalía de Castro e a Muiñeira de Chantada no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. A actuación foi un acontecemento histórico na música galega, xa que supuxo a entrada da gaita no ámbito académico.

Galego

Angel Olsen

A cantante e compositora norteamericana Angel Olsen presentará os temas do seu último traballo, Phases (2017), nun concerto que abre o ciclo 17º Delicatessen, antesala do festival 17º Ribeira Sacra. O ciclo levará unha serie de directos singulares por toda a xeografía española. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk