O Sonoro Maxín
Premio Martín Códax 2017 na categoría de Ska, reggae e mestizaxe. O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, sen ter nin idea de quen eran, comezaron a asubiar as cancións que máis tarde ían descubrir, os seus pés botáronse a bailar uns ritmos que non coñecían, nos seus soños apareceron xentes que nunca antes viran.

