Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xose Lois Romero & Aliboria

Despois de editar o seu primeiro disco en 2016 cunha proposta arriscada e rompedora de canto e percusión tradicionais, Xosé Lois Romero & Aliboria preséntannos agora o seu segundo disco no que deixan claro que viñeron para quedar e que a súa proposta non so non se limita a versionar repertorio tradicional senón que ven a situarse radicalmente na contemporaneidade máis absoluta, sen complexos nin limitacións previas.

Galego

Laroá

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo ábano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquedanza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

Galego

Fíos de ouro no ar

Rodrigo Romani é un músico coñecido para o público galego e español, primordialmente entre os amantes da música de raíz , polo seu traballo como fundador do grupo Milladoiro , co que percorreu o mundo durante vinte anos, promovendo o uso do arpa céltica na música galega e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila por todo o planeta.

Galego

Cantos de taberna

Os Cantos de taberna, aínda que forma parte da programación de Nadal de Santiago de Compostela, non están centrados nas panxoliñas, senón na música do repertorio tradicional.

A actividade, realizada polo concello da cidade en colaboración coa Asociación Muiñeiros do Sarela, arrancará cun obradoiro nos centros sociais dos barrios correspondentes (entre as seis e as oito da tarde) e logo con música tradicional de tabernas  interpretada polas rúas e tabernas de cada barrio (a partir das 20.30). 

Galego

Gold & Colt

Gold and Colt é a banda pontevedresa referente da americana en Galicia. A súa é música de raíces e por iso pódense saborear o country e o blues na voz rasgada de Dany, a “steel guitar” (entre outras) de Rober, a milimétrica batería de Michi e o corazón vibrante do contrabaixo de Juyma. No 2015 publicaron o seu primeiro disco, grabado en directo (como só poden facer os bos músicos).

Galego

Sumrrá

Desde os seus inicios, Sumrrá cativou crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 13 anos, que en jazz é moito tempo, desta feliz reunión, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.

Galego

Verbena galega

Un grupo de música tradicional, un grupo de pachanga e a posibilidade dun picadiscos.

A Verbena galega conta cun escenario móbil só para exterior, así como equipo de son e iluminación profesional.

 

Galego

TanxuGueiras

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, xúntanse Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío nun encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a unión musical xorden desde o primeiro minuto. Despois de percorrer todos os palcos do país e algún internacional (Celtic Connections Glasgow), despois de poñer música a actos e encontros musicais diversos, aparecer en programas de TV como Luar, Alalá, … deciden gravar a súa ópera prima apuntando moi alto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk