Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Caxade

Foron unha das grandes revelacións da música galega con "A dança das moscas" gañándose o sobrenome de «Os Beirut galegos». Este ano volveron con "E isto é o amor", onde profundan a vea pop da súa proposta, debuxando un universo temático de emocións suaves, metáforas políticas e cancións que se debuxan na mente ao escoitalas.

Esta actuación musical está dentro da programación da Rede galega de música ao vivo.

Máis información de Caxade, aquí

 

Galego

Mehdi Nassouli

Mehdi Nassouli creceu inmerso na cultura Gnawa de Marrocos. Un prodixioso talento musical, aprendeu a tocar unha ampla gama de instrumentos a unha idade temperá, converténdose en todo un apaixonado da laúde de tres cordas arrancadas, a guembri. Antes de embarcarse na súa carreira internacional, que pasou unha década Marrocos cruzan, o estudo das diversas disciplinas musicais rexionais de acordo con algúns dos principais expoñentes do instrumento.

Galego

Leilía

A finais do 89 decidiron dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Galego

Carlos Núñez

A actuación está encadrada dentro da súa xira de Nadal que comezou o pasado 8 decembro e na cal o artista conmemora o 20 aniversario do lanzamento do seu primeiro álbum, A Irmandade das Estrelas. No seu tour musical o artista percorrerá vinte cidades españolas e outras tantas en Estados Unidos, rematando no mes de xaneiro en Madrid.

Galego

Kepa Junquera

Kepa Junkera, mestre da trikitixa, traerá a música tradicional de Euskadi a Lugo.

O compositor, produtor e músico vasco Kepa Junkera actúa acompañado da Orquestra de Jazz de Galicia, dentro da programación das Festas de San Froilán.

Galego

A Quenlla

Concerto monográfico homenaxe a Manuel María con A Quenlla, o grupo que máis cancións ten no seu repertorio deste escritor.

Actuación dentro da programación das Festas do San Froilán de Lugo.

Galego

III Festival da gaita cidade da Coruña

Unha xornada para deixarse arroupar polo son das gaitas cun festival organizado pola Asociación Cultural Airiños da Torre.

O festival sube ao escenario do Centro Ágora da Coruña ao Grupo de gaitas "Catalmibre", o Grupo de gaitas tradicional "Airiños da Torre" A Coruña, a Asociación Cultural Bieito Fandiño e a Coral Asociación Cultural "Airiños da Torre" A Coruña. Homenaxe a Xosé Taboada Sánchez.

Galego

Roi Casal

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego e gran virtuoso na arpa céltica, a zanfona e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, formou parte de Milladoiro, a formación máis internacional da música galega.

Na actualidade, Roi Casal está considerado unha das principais referencias musicais da música galega. O seu estilo é moderno e contemporáneo, combinado cos aportes da terra da que é orixinario. Trátase dun dos grandes expoñentes da música do estado español.

Galego

Vaia Trío

Proxecto en formato acústico de tres ex membros de Fía na Roca que ofrecen unha proposta moi interesante para gozar ao aire libre.

Vaia Trío son Xosé Ramón Vázquez, no acordeón; Giao Rodrigues, na guitarra e a mandolina; e Roberto Santamarina, no violín. Trátase de tres grandes da música que durante 15 anos tocaron xuntos en Fía na Roca. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk