Carlos Núñez
A actuación está encadrada dentro da súa xira de Nadal que comezou o pasado 8 decembro e na cal o artista conmemora o 20 aniversario do lanzamento do seu primeiro álbum, A Irmandade das Estrelas. No seu tour musical o artista percorrerá vinte cidades españolas e outras tantas en Estados Unidos, rematando no mes de xaneiro en Madrid.

