Concerto de Barahunda
Desde 1998, Barahúnda evolucionou sempre ao redor da voz do seu líder, a cantante e investigadora Helena de Alfonso, xunto ao compositor José Lara Gruñeiro. Todo este tempo esforzouse en facer chegar ao público as sensacións contidas en letras e melodías que, incluso remontándose ao século XI, falan de emocións comúns a todos os seres humanos.

