Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Radio Cos

Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.
Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos sacados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

 

 

Galego

Desorballando outonos

Desorballando Outonos é a homenaxe que o grupo A Quenlla e a Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz quixeron render ao poeta chairego Xosé María Díaz Castro no ano 2014, no que se lle adicaron as Letras Galegas. Unha confluencia de música e palabra na que poderemos gozar da enorme verba do poeta, pegada á xente, á natureza, á expresión viva, existencial e humana.

O concerto é gratuíto, para todos os públicos, podendo reservar a entrada pola internet no enderezolisistrata.asociacion@gmail.com

Galego

Fío e agulla

Espectáculo baseado nun percorrido pola musica popular galega mesturada cos ritmos tradicionais das culturas que durante moitos anos e no mesmo presente conviven na emigración galega e interpretados cun chisco de humor.

Algo moi característico do grupo é que os seus compoñentes bailan ao mesmo tempo que interpretan o seu repertorio.

Esta actuación forma parte do programa Cultura no Camiño que leva teatro, música, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

 

Galego

Os d´Abaixo en concerto

O público poderá desfrutar de temas xa coñecidos no panorama musical galego, asi coma doutros moitos non tan coñecidos pero que levan coa formación xa moitas décadas.

Esta actuación forma parte do programa de Cultura no Camiño que leva música, teatro, danza, maxia e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Milladoiro

Dende Maelock é percorrido polas composicións máis lendarias do grupo Milladoiro dende as súas orixes ata hoxe. Unha homenaxe á longa traxectoria do grupo folk galego por excelencia.

Este concerto forma parte de Cultura no Camiño, programación que leva música, teatro,  danza, maxia e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Animación de rúa

Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Cinco músicos formados durante anos na música tradicional, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación o grupo fai soar nos seus concertos múltiples instrumentos (gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais, e sobre todo voces) combinados en diferentes formacións.

Galego

Actuación de Cé Orquestra Pantasma

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Galego

Leilía

A finais do 89 decidiron  dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é unha homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de   Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Galego

Concerto de Alba María

Alba María é unha nova cantante e compositora en galego. Gañadora do I Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo, presenta o seu primeiro disco, que leva por título "Aínda" editado pola Central Folque. As súas letras están cheas de madurez e xuventude, de naturalidade e temáticas de xénero.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk