Clave de Fado
Clave de Fado está fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña. Naceu a finais do 2009 como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estaba orientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o fado.