Revenidas
Os Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Ulträqäns, Rastreros, Leo e Arremecaghona ou Terbutalina son algúns dos grupos que ofrece o cartel das Revenidas 2014, un festival que na súa undécima edición conta con máis de 23 actuacións musicais. Durante os días 22, 23 e 24 de agosto, Vilaxoán convértese no escenario dunha gran festa da música galega, na que tampouco faltarán unha sardiñada popular e mais espazos para o teatro, o circo ou a maxia, con preto de 20 actividades de balde para todos os públicos.