Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O poder de Amabel

​Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

Espectáculo dentro da programación da Rede galega de salas. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Os vellos non deben de namorarse

Desde a súa estrea no teatro Mayo de Buenos Aires no 1941, data da que secumpren 75 anos no 2016, Os vellos foise afirmando como unha obra referencial da nosa cultura, tanto como peza literaria de obrigada lectura como texto de múltiples e variadas propostas escénicas. 

 

A  proposta de Fantoches Baj vén a cubrir o baleiro existente na actualidade de non dispor o público galego da posibilidade de ver unha montaxe escénica, axustada as intencións do autor de Os vellos non deben de namorarse.

 

Galego

Código Postal 00

En tempos da omnipresente comunicación tecnólóxica, hai lugar para o código postal? Un espectáculo ao redor das cartas e dos paquetes onde se transforma a cotiá realidade nun espazo cheo de terrura. A través do teatro xestual, os monicreques e a música, o público chega á oficina de Código Postal 00. Unha oficina que non pertence a ningún lugar concreto. Alí tres carteiras desvelarán infinitas historias de amor. viaxes, desexos.... Unha experiencia máxica e única no mundo da comunicación. 

Galego

A alfombra máxica

A alfombra máxica é un prelibro onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver,... Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo.

Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

Galego

Jim e a Illa do Tesouro

Ficha artística:
Autoría: Jokin Oregi
Dirección: Álex Díaz Monsalve e Javi Tirado
Tradución: Sandra Romarís e Xocas López
Escenografía e monicreques: Javi Tirado
Iluminación: Anxo Graña
Son: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane
Música: Santiago Ramos
Elenco: Rocío González e Toni Salgado
Voz en off: Alfonso Agra
Deseño Gráfico: Le Gráfica
Produción: Mercedes Castro

Galego

A Casa do Avó

Roberto recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes.

Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Galego

A historia do Apalpador

 O Apalpador, un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos e nenas casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira. A partir de 3 anos.

Galego

Lío en la granja

Nunha granxa na que conviven diferentes animais, desaparece un ovo. A partir de aí xorden desconfianzas e comeza unha gran lea entre todos os habitantes da granxa. Todas as sospeitas se dirixen cara ao corvo, acabado de chegar á granxa desde o estranxeiro.
Piñote e Calabación son os protagonistas que se converten en espectadores de excepción e que comprenderán que os recelos xerados entre os habitantes non son tan lonxanos.
Trátase dunha sátira en forma de fábula que achega os conflitos actuais da sociedade contados dunha maneira sinxela, reflexiva e con humor.

Galego

Xeado de lúa

Unha noite de lúa chea, cando un feixe de estreliñas bailaban a muñeira, un rato moi pequeno e distraído, ollando a lúa quedou durmido.
O señor gato contemplaba o mesmo redondo prato e como este suxería comida, mirou para o rato con moita alegría.

Galego

Peer Gynt

Ficha artística:
Texto: adaptación da obra homónima de Henrik Ibsen
Dirección: Anxo García
Escenografía: Viravolta Títeres, Antón Iglesias
Iluminación: Xulio Balado
Vestiario: Pilar Álvarez
Música: adaptación da obra homónima de Edward Grieg
Interpretación musical: trío de violín, clarinete e piano
Produción: Viravolta Títeres
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado
e Anxo García

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques