Xan Perillán compra queixo compra pan
Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.
Continuando coas súas andainas, nesta segunda entrega o amigo Xan Perillán vai a mercar ao híper mega súper mercado “o Rato Colorado”.
Mais o trasno do consumo irresponsable perségueo da aquí para acolá… ¿Mercará ben ou deixarase engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo?

