O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa son algo máis que amigos. Por iso Tomasa convidouno á súa casa; ás oito, a comer biscoito. Non foi de comer biscoito, senón por culpa do viño e do touciño polo que o cociñeiro Antón caeu de fociños.
Sesión de teatro infantil con estes entrañables bonecos.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

