Un cuento viajo vuelto a contar
Manipulador: Lázaro Duyos
A lúa e o sol desaparecen misteriosamente.
Só un pequeno neno pode rescatalos.
Chámase NENUSIN.

Manipulador: Lázaro Duyos
A lúa e o sol desaparecen misteriosamente.
Só un pequeno neno pode rescatalos.
Chámase NENUSIN.
O ferreiro e o diaño narra a longa vida dun ferreiro que un bo día recibe na súa ferraría a visita de Xesucristo e ao outro a de o Demo. Negociando con todopoderosos seres o astuto Miseria é quen de sacar tallada doble aunque súa astucia acaba por ser a súa perdición.
Barriga Verde vai polas feiras contando contos e facendo monicreques. Todo son risos e diversión ata que unha noite, o noso amigo Barriga Verde atopa os seus instrumentos musicais metidos dentro dun caldeiro listo para ferver. Quen será o tolo que fixo tal? Sabedes que vai facer Barriga Verde? Pois, investigar.
Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño.
Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan esta gran aventura que comezou hai cincocentos anos, máis ou menos, cando, nun lugar do camiño, Gaiferos se atopou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca.
Tivo sorte cos dados o peregrino e gañou a partida ao do inferno, quen andivo por todo o Camiño facendo despropósitos e maleficios para detelo.
Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.
Deixa, ademais, un camiño aberto a que nenas e nenos indaguen nos contos e na cultura a través dos avós, avoas e persoas que tiveron a oportunidade de crecer coa rica tradición oral que hoxe en día se está a perder.
Tres pezas de guiñol nas que o público participará activamente, representadas nun teatriño moi chamativo e creado especialmente para actuacións en espazos exteriores.
O vampiro Slurp, un divertido vampiro que nos aterrorizará da risa.
Sidulfo e o Diaño, o diaño anda solto polo teatriño intentando apoderarse das almas dos guiñoles... ¿Qué fará Sidulfo?
Hipo, unha peza representada por dous paiasos na que non se precisa de palabras. Entre os dous loitarán contra un forte ataque de hipo.
Amoriños contei, unha seria de contos de fontes diferentes, no que se destaca a presenza do amor en cada un dos contos que se contan e escoitan no mundo; pero non falamos só do amor entre os namorados, senón o amor entre os amigos, o amor a un fillo, o amor ás zapatillas vellas, o amor as cousas... Amores agochados en cada un destes contos, amores esquecidos, atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores..., amoriños contados
Un espectáculo infantil ideal para gozar en familia.
Sinopse: A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro ... pero nun descoido o pirata Ollo Virollo róuballe o barco e faise ao mar. Tras 45 minutos de acontecementos. Cumprirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?
Dona Cegoña cansa de tanto ir e vir entregando encargos polo mundo solta nun galiñeiro galego un paquetiño azul que levaba no seu pico, e que tiña como destino… Africa!; isto non é do agrado dos pitiños do galiñeiro que non queren un estraño na súa casa e intentarán de todas as maneiras posibles botalo de alí. Pero as cousas vanse complicar cando aparece Dona Raposa … quere merendar!
Espectáculo infantil de monicreques, dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.