O libro da selva
Adaptación do texto homónimo de Ruyard Kipling. Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan ataca a aldea dos homes. Mowgli, un rapaciño escorregadizo, escapa das poutas do tigre e busca refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova familia, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a cara, a Sherekan.
Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade dentro da programación conmemorativa do Día da Biblioteca-24 de outubro.

