Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Nano vai á doutora

SINOPSE

 

Había unha vez unha ra que non paraba de brincar, sempre cantaba contenta baixo o sol ata que un día todo cambiou...Nano xa non da choutos, non canta, está triste e bebe auga sen parar. Que lle pasará? NANO vai á doutora.

 

Contos con moita ciencia.

 

Para nenas e nenos a partir de tres anos.

Galego

O avó Teo

A Compañía Xarop Teatre de Castellón chega a Ferrol para continuar o ciclo Festea 2017. Neste caso a actuación é realizada na Capela do Torrente Ballester.

O espectáculo representa a historia do avó Teo, que lle ensina a súa neta moitas das cousas que el aprendeu ao longo da súa vida para que non queden no esquecemento.

E tamén lle contará cales son as cousas importantes da vida.

Galego

O Pirata Barba

A Compañía Xarop Teatre de Castellón chega a Ferrol para continuar o ciclo Festea 2017. Neste caso a actuación realízase na Capela do Torrente Ballester.

O espectáculo representa unha obra teatral na que o pirata Barba e o señor Mirabet loitan polo mapa dun suposto tesouro.

Galego

Los primeros Burritos

A Compañía Xarop Teatre de Castellón chega a Ferrol para continuar o ciclo Festea 2017. Neste caso a actuación realízase no Centro Cívico de Caranza.

O espectáculo representa unha obra teatral coa axuda de marionetas, pero trátase dunha historia máis seria pero á vez divertida o que fai que os nenos gocen da interpretación. Tamén axuda a impartir certos valores sociais e fala dos problemas que ocasionamos os humanos á natureza e aos animais.

Galego

Antón Comodón

Esta é a historia de Antón, a quen de neno na súa casa llo facían todo; non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de tamén facer todo por el. Pero, un día, Nicolás chegou á conclusión de que xa tiña bastante diñeiro e marchou vivir ás Illas Verdes deixando a Antón. Comeza así unha longa viaxe na Antón vai na procura de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el e aprendendo polo camiño moitas cousas. 

O prezo das entradas é de 5 euros. 

Galego

Galicreques 2017

Do 14 ao 22 de outubro celébrase en Santiago de Compostela a XXII edición do Festival Internacional Galicreques, no que se poderán ver 27 espectáculos de monicreques de Galicia e países como Arxentina, Francia, Portugal ou Brasil, nun programa que ocupará, ademais de salas habituais como o Teatro Principal ou a Fundación SGAE, prazas e rúas.

Galego

Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas

Un ano máis chegan á Rede de Dinamización Lingüística os seis irmáns Bolechas creados polo debuxante Pepe Carreiro. 

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade e de coñecementos culturais adaptados a rapaces de 4 a 10 anos.

Galego

Titirideza 2017

Como en pasadas edicións, a programación aspira a amosar unha pequena parte do infinito universo do teatro de monicreques. Este ano celebraranse ata seis espectáculos distintos que xiran arredor da figura feminina.

Xoves 24 
La mar de marionetas
La cenicienta
20:30 h. Salón Teatro
Entrada 3 €

Venres 25 
Periferia teatro
Vuela pluma
20:30 h. Salón Teatro
Entrada 3 €

Galego

Planeta Ardora

Sinopse: Nun planeta, non moi lonxe, o espectador atopa un lugar; un verme branco atópao tamén e decide que chegou ao seu lugar. Está só. Por que aquí? Que ten este lugar? Moi bonito non é!

Un habitante, ancián, tamén atopa o lugar. El non está só, está o verme e non quere deixalo marchar. Por que? Que ten este Lugar? Algo debe de ter  porque veñen máis, uns cantos máis, todos diferentes, cada quen coa súa maneira particular de ver o mundo e ademais están dispostos a quedar, a entenderse, divertirse, convivir, a crear un fogar… A facer flores, eles saben como facelas. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques