Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Alicia no país das marabillas

Fantástica recreación para marionetas baseada no relato de Lewis Carrol “Alice in Wonderland”.

Conducidos polo Coello Branco, seguiremos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e  fantástico que late debaixo da terra.

Alí merendaremos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Loco e o Leirón. Xogaremos ao cricket coa Raíña de Corazóns e coidado Alicia! estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!

Galego

Filipa cos contos

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, quen lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos "filipantes", contos cantados e acompañados dunha guitarra.

Galego

Auga que non vas beber

Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada.

Galego

A cabeza do dragón

Espectáculo de monicreques de Títeres Cachirulo. Nesta obra, o Principe Verdemar é desterrado do seu fogar. Coa axuda dun trasno falcatrueiro, tendrá que loitar contra bandoleiros e mesmo enfrentarse cun terrible dragón que ten prisioneira á filla do Rei Micomicon, para poder retornar triunfante a casa.

Para nenos e nenas de 5 a 11 anos.

Galego

Toin, Toin

Espectáculo de contos con monicreques de mesa acompañado de instrumentos musicais sinxelos para gozo dos máis pequenos da casa e os seus pais.

Para bebés de 1 a 2 anos.

 

Galego

Pum Pum

Elenco: Andrea Bayer e Davide González

Marieta é unha nena como calquera nena de 5 anos. Ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Galego

Baila, Roque, baila

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.

Andrea, desta vez, estará acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Galego

Mar adiante! Filipa cos contos

Espectáculo “unipersoal”… ou non. Unha sesión “flipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que comparten escenario: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido grazas á súa experiencia. 

Na posta en escena deste 2018 prestarase especial atención á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e á súa obra narrativa Mar adiante. Para tal fin adaptaranse contos incluídos nesta escolma.

Galego

A alfombra máxica

A alfombra máxica é un prelibro onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver... Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo.

Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques