Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Titiricircus

Da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e da compañía teatral Tanxarina, coñeceremos a historia a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran  con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo….

Galego

Filipa cos contos

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, qune lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia.

Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras.

Galego

Contos con Roque

Andrea enche a súa maleta de contos e de outros obxectos para subirse ao tren co seu amigo Roque.

Roque é a primeira vez que vai viaxar en tren e está moi nervioso, Andrea intentará facerlle a viaxe máis agradable, e mentres agarda por él irá ensaiando os contos que lle vai contar.

Manipuladores: Óscar Ferreira e Andrea Bayer

Galego

Titiricircus

Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista.

 

Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo....

 

 

 

Galego

Festival Internacional de Títeres de Redondela

O Festival Internacional de Monicreques de Redondela é na actualidade o mellor festival que se celebra en Galicia no que se refire a espectáculos de rúa, e é ademais un dos máis punteiros de España. Hoxe en día dánse cita neste festival artistas de todo o planeta (desde a India, pasando por Hungría, Kenia, Hong Kong ou Arxentina) no que é unha incrible concentración cultural e artística, que crece ano tras ano, superando no 2012 os 30.000 visitantes segundo os cálculos do propio Concello de Redondela.

Galego

El barrendero

O barrendero invisible, entre baldosas e baldosas, lixo e lixo, pasa a súa escoba. Unha danza de pasos finos e precisos que nos permiten ver a virtude esquecida do que fai o traballo anónimo. Aínda hai algo de poesía entre os cascallos, os plásticos e as latas na rúa que avanzan lentamente.

Galego

Xurásico perdido

O famoso arqueólogo Florentino Amechuino descubre a Dino, un dinosauro do Xurásico moi peculiar que mantívose oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico.

Ante o asombro de Florentino, Dino revive e o transporta a un mundo fascinante.

Manipulador: Jorge Rey

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques