Monicreques de Kukas
Esta é a trepidante viaxe dunha peculiar marioneta, Arlequina, un anaco de papel, que ten letras e non sabe ler, con alma de marioneta e corazón de poeta. Acompañada polo estrafalario Marchelino, vai na procura da súa identidade.
Marionetas, actores, maxia, cancións e música en directo recrean o divertido e rico universo creativo particular da máis veterana das compañías de teatro de títeres de Galicia.

