Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O galo Quirico e os seus amigos

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 presenta esta peza de teatro de títeres de rúa nun teatriño de cartón que convida o público a participar cantando e bailando. “O Galo Quirico” é un conto da rica narración oral galega, popularizado na forma editorial por escritores como Bernardiño Graña. Ao xeito asociativo dos recitados encadeados tradicionais, o galo Quirico enfróntase a unha serie de situacións na súa viaxe á voda do burro Perico.

Galego

O tesouro de Barracuda

Nesta tarde de teatro, que tal un paseito en barco? E unha historia de piratas? Pois teremos as dúas cousas. Esta historia é a do capitán Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro.

Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a truhanes, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas. Barracuda e os seus levan anos buscando o famoso tesouro do pirata Phineas Krane. Pero, cando o atopan, resulta ser só un libro... Pero, que vai facer un grupo de piratas analfabetos cun libro?

Galego

Contos de poucas luces

Con Contos de Poucas Luces damos un paseo polas orixes dos contos e o Teatro de Sombras, desde o descubrimento do lume ata a invención de cinema. Comezaremos nas cavernas co descubrimento do lume. Como se puido representar o primeiro conto do mundo?

O descubrimento da música e os ritmos, a utilización de obxectos e a fabricación de ferramentas, servirán para inspirar novos contos. Para a súa representación realizaremos sombras de mans, corporais, obxectos e monicreques articulados. Todo a vista de público.

Galego

A familia unida

Unha oferta laboral, unha colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles.

André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa? Cromina, despóis de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias. A través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e ata a morte.

"A Familia Unida" adentrase no clásico de guante por excelencia con ritmo, rutinas e xogos propios de Cristobitas e Pulchinelas.

Galego

O Apalpador e a nena sen medo

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños.

Idade: de catro anos en adiante.

Inscrición previa na biblitoeca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.

Galego

Polo Camiño, contos da feira

Polo Camiño, contos da feira narra a historia dunha feira onde conflúen seis personaxes que cos seus contos e cantos fan voar a imaxinación dos asistentes: a minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira. Trátase dun espectáculo para todos os públicos no que se empregan títeres de luva, marotas e títeres de táboa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques