Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Orfeo

Elenco: Daniela Saúdes e Esther Branca (ou Eva Soriano)

PREMIO" MELLOR PROPOSTA DUN CLÁSICO" EN FETEN 2020

Espectáculo Recomendado pola Rede Española de Teatros 2020

Orfeo é un mozo grego cuxa música é capaz de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar as bestas salvaxes. Eurídice é unha nova ninfa protectora dos bosques e a natureza. Un día ambos se namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Abatido, Orfeo decide baixar aos infernos en busca da súa amada.

Galego

Contacreques

Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.

É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos.

O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.

Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".

Galego

show de Barallocas

Os títeres créanse de sotaque na escena dende o maxín de Barallocas.

Gasas, cintas, cordas, fíos...calquera elemento cotián cobra vida cando se interpón no camiño do extrambótico protagonista deste show.

Unha sorte de sketchs de humor absurdo mesturada cunha coidada manipulación de obxectos e pantomima forman este show dirixido a tódolos públicos, protagonizado por Ero Vázquez Cabrera baixo a dirección de Isabel Rey e Marcelino de Santiago "Kukas".

Galego

Don Gaiferos

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese incorporando cancións e músicas do folclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.

Galego

Contacreques

Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado baseado nos contos clásicos de: Garavanciño: As peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de «xigantes». O Reiseñor: Na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador. O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.

Un espectáculo que nos transporta a un mundo con voces decontadores de historias e corpos de monicreques.

Galego

Úniko

Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocará que un medo íntimo a deixar de ser querido apodérese del ameazando a estabilidade familiar.
ÚniKo é un espectáculo para todos os públicos a partir de 6 anos, que pretende ser un reflexo do que os celos polo nacemento dun irmán poden provocar nun neno e na súa contorna. Mesturando as técnicas do monicreque e do teatro máis realista expomos o inquietante tema dos celos, mirándoos de fronte en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor.

Galego

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Elenco artístico: Celtia Figueiras (actriz e titiriteira), Luis Vallecillo (Títiriteiro e músico) e Pablo Pérez (músico e efectos)

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Galego

Cocer e cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartiren entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.

Galego

Titiriberia: As varietés do Barriga Verde

O Titiriberia, festival de títeres tradicionais, único do seu xénero na Península Ibérica, ten o gran pracer de saudar á súa nova terra de acollida. Rianxo, vila amiga do teatro, asume o risco que implica xuntar durante sete días a titiriteiros e titiriteiras da peor das calañas, aqueles que branden a cachaporra sen pudor nin reverencia. Neste ano excepcional, as cachaporras poden converterse no remedio sen igual, o bálsamo de Fierabrás que acabe dunha vez por todas co “maldito becho”.

Galego

Titiriberia: O conto de Barriga Verde

O Titiriberia, festival de títeres tradicionais, único do seu xénero na Península Ibérica, ten o gran pracer de saudar á súa nova terra de acollida. Rianxo, vila amiga do teatro, asume o risco que implica xuntar durante sete días a titiriteiros e titiriteiras da peor das calañas, aqueles que branden a cachaporra sen pudor nin reverencia. Neste ano excepcional, as cachaporras poden converterse no remedio sen igual, o bálsamo de Fierabrás que acabe dunha vez por todas co “maldito becho”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques