Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Espectáculo musical con monicreques “As andainas dos Monifates e don Gaiferos”

 

Actividade do Xacobeo

 

Xa chegan Os Monifates!. Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), que bailan ao son da música que interpretan. Un día coñecen a un simpático peregrino chamado don Gaiferos, e deciden percorrer con el o Camiño de Santiago. Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen na súa traxectoria e farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe ata Santiago de Compostela.

Para público familiar a partir de 6 anos

Galego

Menú de Refectorio

Viralvota títeres cociña para a comunidade un menú humanístico!

Da suxestiva "carta" de El Conde Lucanor do Infante Don Juan Manuel e O Decamerón de Giovanni Boccaccio; escollemos para este xantar ingredientes de O que aconteceu a un deán de Santiago con don Illán o máxico, que moraba en Toledo e Quiquibio, cociñeiro de Conrado. 

Un menú mestizo de dous pratos e sobremesa para apreciar os sabores do anhelo, da cobiza, da astucia e do enxeño. 

 

Galego

II Festival Comediártiko- Trogloditas

Tres trogloditas convi´dannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a Cova. Onde imos asistir a un co´mico especta´culo cheo de humor e toleri´a.
Da man dos monicreques e das su´as primitivas habilidades imos con~ecer a singular forma de vida dos nosos antepasados ma´is divertidos. Unha sorprendente ambientacio´n, a orixinal linguaxe e unha prehisto´rica escenografi´a fara´n que o espectador perda durante a representacio´n o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

Brancaneves e os 7

Manipulación: Jorge Rey

Versión moderna da popular ficción, onde se mestura teatro e monicreques de madeira e gran tamaño, con música en directo e rítmicas cancións.

Extraordinarias aventuras vistas dende outro lado do bosque, onde o anciano rei, que todo o perdera quere recuperar a ilusión da súa vida, Brancaneves.

 

Galego

A nena que vivía nunha caixa de mistos

A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con As fabas máxicas , continuou con Feo (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen.

Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Galego

Novos Lobos

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades.

Deconstrúense nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecer ferramentas conceptuais ao alumnado que axuden a prever a violencia de xénero.

O espazo no que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público).

Elenco artístico: Inacio Vilariño

 

Galego

Dona Barriga Verde

Dirixido a nenos e nenas , mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer  a rica tradición do monicreque de cachiporra da Península chega esta nova versión do personaxe galego Barriga Verde. 

Galego

Dona Barriga Verde

Dirixido a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer  a rica tradición do títere de cachaporra da Península chega esta nova versión da personaxe galego Barriga Verde. 

Con protagonista femenina, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas  aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques