Contacreques
Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.
É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos.
O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".

