Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Dona Barriga Verde

Unha obra de teatro de actor e monicreques de madeira con música en directo, para público familiar a partir dos 3 anos.

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

Galego

Historias para unha man

Espectáculo de monicreques de guante sen palabras, para público familiar a partir dos 4 anos.

"Historias para unha man" é un espectáculo cheo de poesía e sen palabras, capaz de conectar tanto con nenos e nenas como cos maiores. Composto por catro delicadas pezas da vida cotiá, todos e todas nos sentimos identificados cas personaxes e as suas inquedanzas. "A pingueira", "Historia con frores", "O soño", "O impo" e como fío conductor "as mans" que poñen e quitan do escenario e que certamente son a ialma dos títeres.

Galego

Brancaneves e os 7

Unha obra de monicreques de madeira con música en directo, para público familiar a partir dos 4 anos.

Version moderna da popular ficción, onde se mestura teatro e monicreques de madeira de gran tamaño, con música en directo e rítmicas cancións. Extraordinarias aventuras vistas dende outro lado do bosque, onde o anciano rei, que todo o perdera quere recuperar a ilusión da súa vida, Brancaneves.

Galego

“Pór música a un conto”: Obradoiro de xogos musicais

Representación do conto “Garavanciña e o esquío” con monicreques e busca de recursos sonoros para musicar o conto. Crearanse os sons con voces, con obxectos naturais e obxectos da vida cotiá: auga, xornais... e formarase unha orquestra grupal con instrumentos para acompañar as cancións do conto.

Idade: de 2 a 4 anos.

Duración: 60 minutos.

Capacidade: 15 nenos/as acompañados por 1 adulto.

Na sala infantil.

Galego

Cóctel

«Cóctel» é unha obra de teatro  que chega á sala Ártika de Vigo  desde Bos Aires da man de Manu Mansilla.

A obra tivo a súa orixe en distintas rutinas e investigacións titiriteras de Manu Mansilla. Está composta por catro historias creadas especialmente para público adulto e adolescente, contadas con diferentes técnicas de monicreques, teatro de obxectos, bocones con balea, monicreques corpóreos, que por momentos percorrerán a sala, buscarán ao público e compartirán con el historias e experiencias.

Galego

As bombas e o xeneral

As bombas e o xeneral é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O Xeneral verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dun combate miitar.

Galego

Alén

Alén ten como protagonista de novo a Chuquiño, un rapaz galego, que decide marchar á procura de súa tía a exploradora. Polo camiño pérdese e viaxa a través do mundo coñecendo paises lonxanos e culturas moi diferentes á súa. Alén, un espectáculo de sombras para todos os públicos é a nova proposta de Paso de Valverde que por primeira vez métese no mundo dos monicreques e as sombras chinesas mediante un proceso de autoaprendizaxe na materia.

Galego

A Viaxe de Rosalía

FRANCISCA DO CAMPO leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada ROSALÍA de CASTRO. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables. Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela, comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega.

Galego

O poli Panoli e a princesa Ravioli

Había unha vez un rei que era parvo, pero quería ser listo. E había unha princesa que era lista pero non quería ser princesa e soñaba con ter un xardín e montar dacabalo. E había un policía real que non quería ser policía, pero desexaba ter unha ovella. E había un can que quería ser un gato e gustáballe cantar.

No país de Medioreino ninguén está a gusto. Cachiporra vai e cachiporra vén, as cousas, alí, non se entenden.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques