Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cocorico

Cocorico é un pollito que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña vai facer un biscoito e o pollito ofrécese a buscar leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere comer pero Cocorico consegue salvar a súa vida prometéndolle a metade da merenda. Pasado o perigo, o glotón de Cocorico esquece o trato e cómese o biscoito enteiro.

A mamá enfádase: "Vai vir Gato Pelado e vaiche a comer dun bocado!" Entón óese un ruído na porta, ¡é Gato Pelado que vén a por a súa metade de biscoito!

Galego

MIniaturas

Con moi poucos elementos, Hugo e Inés vancreando personaxes con partes do seu corpo. Coasmans, co embigo, co xeonllo, os pés... Nunca deixan desorprender ao público.

Coma se fosen arqueólogos de si mesmos, van descubrindo novos personaxes enterrados nalgunha remota parte do propio corpo.

Galego

El mundo es un pañuelo

"El mundo es un pañuelo" é un espectáculo de monicreques no que retrincos de tea e madeira, silencios, sons melodiosos, mans e rostros crean unespazo máxico que nos desvela o territorio no que ospersonaxes habitan.

Catro historias nos presentanestes mundos cheos de tenrura: "Os soños de Ceferino", "O Taller", "Pegaso" e "Metamorfose".

Galego

Pasos largos

Unha muller e tres vestidos quese transforman en escena consignan trespasos ─ tres momentos ─ na vida dunpersonaxe.

Do poético ao humor acedo, asensibilidade atravesa temas profundos e comúns, como a vida en parella, a vellez e os vínculos; através dunha linguaxe orixinal que rompe o molde da comunicación

Galego

Trapos

Nun banco de praza, tres velliños e un can pasan o día. Durante un intre teñen lugar unha serie de conflitos sobre os costumes de cada un, o goce das pequenas cousas, os enfados, a amizade, o desgaste físico, a tolerancia, o humor, a música ou asoidade.

Pero un misterioso personaxe chegará inesperadamente e faralles reformularse moitos destes problemas sinxelos e cotiáns.

Galego

Mi amigo el dragón

O pequeno protagonista desta historia, por medio de cartas dirixidas ás persoas que el considera sabias, vai conseguir superar os seus medos. Os bombeiros, o carniceiro do seu barrio, a avogada... todos eles aconsellarán ao noso novo protagonista para que logre ser unha persoa plena na súa concepción ante a vida. Cancións, sons, cores, diferentes animais e personaxes, diferentes situacións… conforman esta produción creando unha partitura visual e auditiva para compartir unha viaxe chea de sensacións, por medio dos elementos propios dun espectáculo escénico..

Galego

Xela contra o dragón Traga-verbas

A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade. A continuación de cada representación, lévase a cabo un obradoiro para traballar os conceptos presentados na obra e recoller os resultados no libro Memoria das Verbas recuperadas.

Galego

Toupiciencia Show

A Xanela do Maxín presenta este espectáculo de monicreques para público infantil e familiar no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego nun espazo de convivencia e proximidade. Nel tamén se comparten experiencias e ábrese o camiño ao diálogo e interacción.

Galego

Verán no Gaiás 2022: Circo Galaico. Títeres Alakrán

Circo Galaico é un espectáculo de monicreques onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono. A cativada asombrarase e estoupará en gargalladas cos insólitos números circenses protagonizados por personaxes como Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista; ou a cabra Ribelina, entre a moita outra fauna que poboa este circo dos prodixios.

Galego

Tanxarina: Trogloditas

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a Cova. Onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería.
Da man dos monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques