Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Antón, un neno diferente

Espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) dirixido a público familiar e infantil. Utilízanse recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia.

Galego

Mermelhada

No país das fadas, onde todo é fermoso, marabilloso e fabuloso, vive unha pequena fada chamada Mermelhada. Mermelhada é un fada moi bondadosa e voa por alí e por alá buscando a ocasión de facer unha boa acción. Pero cada vez que quere facer o ben lle sae mal... Desencantada coa súa condición de fada, pide a unha anciá bruxa que lle ensine algúns segredos de sabedoría ancestral. Aínda que unha milenaria rivalidade enfronta fadas e bruxas, a anciá acepta. Aos poucos vai creándose un vínculo moi especial entre mestra e alumna.

Galego

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Con esta proposta da compañía Fantoches Baj dirixida a público familiar e adulto, queremos pechar o ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, en cuxo libro Galicia se basea esta peza teatral. Nela, e seguindo o percorrido dunha viaxe entre Lourenzá e Santo André de Teixido que realiza o alter ego de don Paco, Ramón Sanfiz, imos facendo parada en diferentes historias e cancións relacionadas cos concellos de Mondoñedo, O Valadouro, Ortigueira, Cariño e Cedeira.

Galego

A nena e os tres osos

“A nena e os tres osos”é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!

Galego

A nena e os tres osos

“A nena e os tres osos” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!

Galego

A Galiña Azul

A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que Tanxarina emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.

A compañía Tanxarina Monicreques foi fundada no ano 1.983 por varios ex alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fío do Institut do Teatre de Barcelona. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego tanto dentro como fóra de Galicia.

Galego

Lúa quere viaxar a Marte

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende á familia e ás amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte!

Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder viaxar ao planeta vermello.

Actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Galego

U-la Luna?

Unha historia sobre a igualdade onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

A gatiña Luna non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, pero ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar.

Cando logra saír, atópase cun gato que tamén tenta impedirlle que realice os seus soños, pero Luna di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.

Galego

Las aventuras del león vergonzoso

Unha viaxe moi divertida con monicreques e música en directo para descubrir as emocións da man dese felino tan vergonzoso. O león, a través desta viaxe trepidante, coñecerá o tigre, o cabalo, o hipopótamo e o galo, entre outros, e xuntos experimentarán emocións como o medo, a alegría, a tristeza ou a rabia. Uns sentimentos que aprenderá a recoñecer, aceptar e compartir. 

Animádesvos a vivir estas emocións con el? Un espectáculo que a cativada recordará sempre.

Galego

La niña de las trenzas al revés

Thana e Deva viven lonxe unha da outra: Thana vive en Mali, máis aló do deserto do Sahara. Deva vive en Asturias, moi preto do mar; pero non son moi diferentes, ata teñen a mesma idade. Unha noite a lúa, como un espello máxico, permítelles coñecerse e falar...

Un espectáculo sobre a curiosidade e a imaxinación, sobre comunicarse para comprender outras formas de ver a vida: por moi diferentes que nos poidan parecer outros pobos, outras persoas, o que nos achega sempre é máis forte que o que nos distancia; só temos que deixarnos levar pola curiosidade e non polos prexuízos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques