Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Rosalía, a pulga que escribía

Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:

“Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día.  Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario....  e lerlla: á señora Toupa porque non ve, a dona Xirafa porque perdeu as gafas, á ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés.

O contido da carta é unha invitación:  “O Martes 3 ás 10, unha festa na casa de Rosalía.”

Galego

A pita xefa

Títeres Alakrán chega por primeira vez á Rede de Dinamización Lingüística cunha adaptación para teatro de monicreques da peza homónima de María Lado publicada por Baía Edicións e gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Toda a familia poderá ver como unha pequena pita cun soño pode facer o que queira: saltar lonxitude, bailar claqué… e o máis importante, mudar as normas do galiñeiro.

Galego

Melchor, Gaspar ou Baltasar : fai o teu monicreque real

Agardaremos a chegada dos Reis Magos cun obradoiro no que, empregando materiais sinxelos, cada participante elaborará un monicreque de luva do seu rei favorito.

Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte. Alguén da máis?

 

Público destinatario: infantil, 7 a 12 anos

Data e hora: xoves 2 e venres 3 de xaneiro de 11.00 a 12.30

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 23 de decembro ás 9.00 h.

Galego

O Apalpador : monicreque de Nadal

Achegaremos o personaxe do apalpador cun pequeno conto para introducir a actividade a aqueles e aquelas que non o coñezan. Empregando materiais sinxelos construirán cadanseu monicreque de luva. Un xeito de promoción cultural (persoaxe tradicional), estimulación da creatividade (habilidades manuais novas) e promoción da lectura.

Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte. Alguén da máis?

Data e hora: mércores 26 e xoves 27 de decembro ás 11.00 h.

Público destinatario: infantil, de 7 a 12 anos

Galego

O traxe novo do Rei

Este sábado contamos co espectáculo de títeres de tarabelos "O traxe novo do Rei".

Un traxe especial, para un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Podería ser certo? Funcionaría? Dalgún xeito si; pero non como él o esperaba.

Actividade dirixida para público familiar (a partir de 4 anos) .

A inscrición poderá facerse dende o venres 22 de novembro nos teléfono 988 788385 / 386.

Galego

Os Bolechas tocan nunha grande orquestra

FalaRedes trae no tempo do outono unha proposta dirixida a toda a familia na que combinamos o teatro de monicreques coa música, para que nun contexto distendido e alegre os nenos e as nenas poidan gozar de novas experiencias en galego.

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.

Galego

O novo traxe do Rei

Un traxe especial, para un rei especial.

Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte.

Podería ser certo?.

Funcionaría?

Dalgún xeito si; pero non como el o esperaba.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos (Familiar)

Duración: 50 minutos.

Salón de actos (ata completar aforo)

 

Galego

Teatros de papel

Os obxetivos do obradoiro de teatriños de papel é ensinar aos rapaces de
maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun teatro clásico e
inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da
ilustración e a imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias
a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.

Galego

La osa estelar, de Panta Rhei (EUS)

A nova osezna Irdin está soa e abandonada no camiño da vida. Foxe da melancolía explorando o seu carácter e valor en busca de “un lugar no mundo”, unha familia e un fogar onde vivir feliz. Só a férrea determinación de Irdin a osezna de ir cara a vida, o amor, cara si mesma, lle mostrará o carreiro cara ao corazón da montaña onde habitan todos os seus soños.

Panta Rhei

 

Galego

Nanai da China | Pérez&Fernández

Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas reixéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir «non!» e axudarlle a seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, en compañía de Chispum, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra esta estúpida superstición da xente, Nanai e seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques