Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O Apalpador e Os Monifates

Velaquí unha proposta do máis orixinal e divertida que combina o contacontos arredor dunha figura senlleira do Nadal galego coa música e os monicreques danzantes, un tipo de títere tradicional recuperado pola compañía Os Monifates, responsable do espectáculo. Poderás verse nos seguintes concellos da RDL:

Galego

Güela-güela

Espectáculo de monicreques con luz negra, para público familiar a partir de 2 anos. 

Güela-güela é a gran aventura dunha pequena cegoña, unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero, sobre todo, o importante que é  voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podamos atopar.

Galego

Chinchulina e o ruiseñor da China

Monicreques de madeira, obxectos e danzas do lonxano oriente, para público familiar a partir de 4 anos. 

O emperador da China. A súa filla, a princesa Chinchulina. Un palacio de porcelana fina. E un reiseñor que trina. Un espectáculo cheo de beleza, emoción, exotismo, danza e poesía.

O emperador da China vivía nun fermoso palacio feito todo da porcelana máis fina e fráxil do mundo, con belos xardíns e as flores máis exquisitas e perfumadas do orbe. Tamén tiña unha filla moi alegre e chea de vida chamada Chinchulina.

Galego

Saga de Flin Havardr

Unha obra orixinal de Trécola representada por marionetas de fíos e música en directo. 

Eran as sagas unha cantiga á heroicidade de grandes guerreiros viquingos fortes e valentes, que abandonaban as súas terras ermas e murchas polo clima nórdico e partían nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.

Galego

La ratita presumida

Unha obra de monicreques de crochet, para público familiar a partir de 3 anos. 

Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional repleta de cancións e ladaíñas infantís.

Á nosa "ratita" choveranlle unha chea de pretendentes...pero non se poderá resistir aos encantos dun gato alto, guapo e con acento francés. Atopará o seu amor verdadeiro ou terminará sendo a cea do señor Don Gato?

Galego

Entre bechos anda o conto

Eu nunca lle chamei bechos ós bichos. Aos bechos sempre lles chamei bichos. Pero desde que a miña madriña me explicou a importancia dos bechos para o medio ambiente. Aos bichos, aínda que tamén se lle poda chamar así, sempre lle chamei bechos.

"Entre bechos anda o conto" trata de visibilizar a importancia destes pequenos animaliños na nosa vida cotiá.

Un espectáculo no que se combina a narración oral co teatro de monicreques.

Para nenas/os de 4 a 12 anos. Público familiar

Entrada libre

Duración: 40 minutos

Salón de actos

Galego

Raposadas

A raposa é moi lista e moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte, mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar contos que lles contan na lareira.
Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.

Galego

Xogo Revolto

Xogar é superdivertido!, xogando imaxinamos, rimos, pero o xogo pode nun intre convertirse nun pesadelo. Poden chegar as malas palabras, insultos ou afrentas. Esas cousas que nos fan sentir tan pequeniños, sen querelo unha das nosas protagonistas fará tan pequenos aos seus amigos que chegarán a desaparecer. E agora?, cómo se sentirá ela, pequena ou ganrde?, como poder facer que reaparezan?. 

Galego

Lao Lao e o dragón de xeo

Espectáculo de gran formato para o teatro de monicreques e actores, visual, entretido e de moita acción con música en directo. Nada máis comezar xa estamos inmersos nunha trepidante aventura de intrigas, xogos e persecucións, encontros con seres misteriosos, personaxes doutras culturas, algúns mitológicos como o Dragón de Xeo ou forzas da natureza que converten a malvados xigantes en montañas de neve. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques