Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xela contra o dragón Traga-verbas

A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade. A continuación de cada representación, lévase a cabo un obradoiro para traballar os conceptos presentados na obra e recoller os resultados no libro Memoria das Verbas recuperadas.

Galego

Toupiciencia Show

A Xanela do Maxín presenta este espectáculo de monicreques para público infantil e familiar no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego nun espazo de convivencia e proximidade. Nel tamén se comparten experiencias e ábrese o camiño ao diálogo e interacción.

Galego

Verán no Gaiás 2022: Circo Galaico. Títeres Alakrán

Circo Galaico é un espectáculo de monicreques onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono. A cativada asombrarase e estoupará en gargalladas cos insólitos números circenses protagonizados por personaxes como Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista; ou a cabra Ribelina, entre a moita outra fauna que poboa este circo dos prodixios.

Galego

Tanxarina: Trogloditas

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a Cova. Onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería.
Da man dos monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

Peter Punk e o neno imperdible

¿Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? Descubreo neste trepidante espectáculo. O terceiro de Peter Punk no que comparte elenco con Brais das Horta.

Un tendedeiro en equilibrio, un salto ao baleiro en monociclo, un voluntario morto e resucitado en escena, seis instrumentos interpretados ao vivo (guitarras: clásica, eléctrica e portuguesa, acordeón e bocina) e ata Peter Punk se atreve coa harmónica!! E como final, A Chungatrona: un artefacto único no mundo, pensado por un pallaso.

Galego

Picnic

PICNIC é un espectáculo da compañía Pérez&Fernández no que se empregan como linguas o galego e o inglés. PICNIC é unha excursión en familia, dous irmáns na procura dun lugar especial no que compartir unha comida campestre coa xente que queira gozar dunha merenda de contos, anécdotas, música, baile e monicreques. A quen non lle gusta un pique-nique?

Galego

Desconexión

As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o se o sistema queda colgado. Comportamento que é referencia e espello para cativas e cativos.

Galego

Os romeiros do caracol

 Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de Santo Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a Santo Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en Santo Andrés. O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas.

Galego

Entre bechos anda o conto

Lugar: ludoteca

Idade: de 4 a 12 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Teatro de monicreques e narración oral

Eu nunca lle chamei bechos aos bichos. Aos bechos sempre lles chamei bichos.

Pero desde que a miña madriña me explicou a importancia dos bechos para o medio ambiente, aos bichos, aínda que tamén se lles poida chamar así, sempre lles chamei bechos.

"Entre bechos anda o conto" trata de visibilizar a importancia destes pequenos animaliños na nosa vida cotiá.

Galego

Gaela quere ser druida

Gaela é unha nena castrexa moi activa que non se amedoña fácilmente, loita por defender a natureza e contra as inxustizas que vai atopando no camiño

Anda Gaela preocupada perseguindo ao Druida nun día moi importante para él, xa que en dúas lúas celébrase o consello de Druidas anual e non atopa un último condimento necesario para a súa nova poción.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques