Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Comisión de festas

A Biblioteca de Galicia acolle Comisión de Festas, o novo espectáculo de Brais das Hortas, gañador dos Premios Martín Códax da Música 2025, unha proposta que mestura música, clown e teatro nunha celebración colectiva chea de humor e participación.

Brais das Hortas ten un plan claro: armar a festa. Pero non pode facelo só. Para conseguilo precisa algo fundamental, unha Comisión de Festas. Neste espectáculo, o escenario transformarase nun auténtico torreiro de festas grazas á implicación do público, que pasará a formar parte activa desa comisión improvisada.

Galego

Ramona Órbita. A dona do tempo

Un espectáculo para público infantil e familiar que combina música, narración e ilustracións ao vivo na Biblioteca de Galicia en conmemoración do Día da Música. Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, é xefa na horta, boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora dunha horta cibernética de patacas automáticas e dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento.

Galego

Os fabulosos cleaners

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra.

Sinopse:

Galego

De ida e volta

A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora.

Galego

Concerto PunkInfantil

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado CONCERTO PUNKINFANTIL. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

 

Galego

Danza 3 | O Fiadeiro

Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Roland mon amour

Imaxinade que estou en escena soa co meu sinte e estou acojonada. En realidade, fago dunha tía  moi nerviosa que se vai enfrontar a algo moi heavy. Non hai nada heavy na miña selección musical, pero intento ser un pouco punkarra porque iso sempre é aplaudido nas performances. Penso no punki e só vexo ao tipo con cresta que sempre se me quedaba mirando no Maycar. Estou en escena soa sen cresta e querendo que a xente diga: esta tía é moi punki. Os punkis que coñecín non reciclaban, tiraban os pitillos ao chan e levaban pantalóns apertados con cadeas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo