Supercoroza: na eira e na lareira
Supercoroza, protagonista de Na eira e na lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, o baile e os contos dun xeito ameno, divertido e participativo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.

