Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Toupiciencia

Texto de presentación da actividade

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e máis o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.

Programa

Outono na biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

Galego

O tesouro

Texto de presentación da actividade

Conto dramatizado con dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música. Trátase dos contos: “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa”. Da man de dúas aventureiras iremos coñecendo a estes personaxes e descubriremos o tesouro que buscan: todas e todos somos diferentes e isto é o máis divertido.
 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Novos lobos

Texto de presentación da actividade

Na soidade da montaña, ao pé dun minúsculo refuxio contra a chuvia e o vento, un pastor cóntalle as súas ovelliñas contos de novos lobos. Lobos que xa non meten medo como o que trocou a súa ansia devoradora de carne pola dos libros, ou o do lobo e do seu eterno inimigo, o raposo, aos que amosarse a súa amizade e afecto lles axuda a que todo lles vaia mellor.

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Fazulas e o ladrón de paraugas

Texto de presentación da actividade

Vive a viaxe iniciada por Fazulas e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Programa

Galego

Contos de lobo

Texto de presentación da actividade

Mon e Pe, ou o que é o mesmo os Ghazafelhos,  buscarán contos na biblioteca onde o lobo é o protagonista e interpretaranos coa axuda nenas e nenos do público fomentando a súa creatividade, expresión corporal e oral, traballando arredor dos roles de xénero e do respecto polos demáis.

 

Programa

Do cole á biblio

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 3 a 8 anos)

Duración

50 minutos

Galego

"Galicia coa maxia"

Texto de presentación da actividade

"Galicia coa Maxia" é o novo show do mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Este show que percorreu máis de 100 Concellos cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Recomendado a partir dos 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

Cocinillas

Texto de presentación da actividade

Espectáculo de títeres de luva no que o cociñeiro Psacuale intenta preparar distintos pratos.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-11 e familia)

Duración

39 minutos

Sesións

  • Sesión única: 22/10/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca

Galego

Brinca Vai! De aquí a acolá

Texto de presentación da actividade

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Programa

Do cole á biblio

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A Maga Sargantana

Texto de presentación da actividade

A Maga Sargantana nace da confluencia dos contos e a maxia. Este tenro personaxe enche de enerxía todo o espazo. Rescatamos os grandes valores: amizade, compartir, solidariedade, amor, descubrimento... Os espectadores convértense en aprendices da arte de vivir a través de trucos e poesía, e como por encantamento, deixa de ser público e convértese aos poucos en protagonista dun especial encontro.

Programa

Día das Bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

4 Monos

Texto de presentación da actividade

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Cada mono significaba unha acción: non ver, non oír, non falar.
Nós dámoslle a volta.Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar... e van ser catro!
Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para soñar con outro mundo posible.

Programa

Enmarcado nas actividades da Semana da Biblioteca

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo