Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fazulas e o ladrón de paraugas

Texto de presentación da actividade

Vive a viaxe iniciada por Fazulas e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Programa

Galego

Cueiros de cores

Texto de presentación da actividade

 Hoxe acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar... Pero nos interromperá un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é... ¡un monstro de cores!

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Galego

Contos enmaletados

Texto de presentación da actividade

Historias onde persoaxes concebidos de distintos materiais, interactuan cos espazos, a obra discurre entre diferentes técnicas como a de monicreques de luva, máscaras, obxectos e danza contemporánea.
Os contos tratan temas actuais e importantes que queremos poñer en evidencia para crear unha conciencia, a inmigración, o crecemento persoal ou o valor da natureza.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A Maga Sargantana

Texto de presentación da actividade

A Maga Sargantana nace da confluencia dos contos e a maxia. Este tenro personaxe enche de enerxía todo o espazo. Rescatamos os grandes valores: amizade, compartir, solidariedade, amor, descubrimento... Os espectadores convértense en aprendices da arte de vivir a través de trucos e poesía, e como por encantamento, deixa de ser público e convértese aos poucos en protagonista dun especial encontro.

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A gaita galega

Texto de presentación da actividade

Conto ilustrado e poemas musicados ao ukelele, sobre a obra "A gaita galega" de Xoán Manuel Pintos, que invita a reflexionar sobre o uso do galego na actualidade e ten como finalidade sensibilizar, dun xeito didactico e divertido, o público máis cativo sobre a importancia do entendemento e o uso da nosa lingua.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Galego

O traxe novo do rei

Texto de presentación da actividade

Un traxe especial, para un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Podería ser certo? Funcionaría? Dalgún xeito si; pero non como él o esperaba.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 4 anos)

Duración

55 minutos

Sesións

Galego

Como montar a túa banda de verán

Texto de presentación da actividade

Espectáculo configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega Estamos no verán!!! que conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música.
Unha experiencia absolutamente participativa onde se mesturan narración oral e música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais e de clown.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A incrible historia da maxia

Texto de presentación da actividade

Con esta conferencia-espectáculo pretendemos espertar o interese pola arte da maxia na xente, e nas persoas que xa son afeccionadas á maxia, achegalos á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo. As fantásticas e sorprendentes historias da maxia, irán acompañadas, ás veces coa realización de xogos de magos doutros tempos, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo de maxia.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A Maga Sargantana

Texto de presentación da actividade

A Maga Sargantana nace da confluencia dos contos e a maxia. Este tenro personaxe enche de enerxía todo o espazo. Rescatamos os grandes valores: amizade, compartir, solidariedade, amor, descubrimento... Os espectadores convértense en aprendices da arte de vivir a través de trucos e poesía, e como por encantamento, deixa de ser público e convértese aos poucos en protagonista dun especial encontro.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Circo na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pensas que é imposible? Pois neste 2024 a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para disfrutar en familia do mellor circo do mundo.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo